viernes, 4 de julio de 2008

RECORDATORIO AXUDAS PLANES ESTABILIDADE

BENEFICIARIOS: Empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, que contraten traballadores por conta allea para prestar servizos en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia.
ÁMBITO APLICACIÓN
Os incentivos previstos nesta orde serán de aplicación ás contratacións indefinidas, iniciais ou por transformación de contratos temporais, que se realicen no período comprendido entre o 1 de outubro de 2007 e o 30 de setembro de 2008.
As ditas contratacións serán subvencionables cando, no seu conxunto, acaden como mínimo os seguintes resultados:
Un incremento de, como mínimo, 5 puntos da taxa de estabilidade do cadro de persoal da empresa en Galicia respecto da media acadada no período comprendido entre os meses de outubro 2006 a setembro 2007, nos sectores de actividade non vinculados a acordo sectorial.
Incremento do emprego fixo respecto do período de referencia.
Incremento neto do emprego total respecto do período de referencia, no suposto de contratacións indefinidas iniciais.
En ningún caso as contratacións indefinidas realizadas poderán implicar unha diminución da totalidade do cadro de persoal no período de referencia.
ACCIÓNS SUBVENCIONALES
Contratacións indefinidas iniciais realizadas con traballadores desempregados e inscritos como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego.
Transformacións en indefinidos de contratos temporais celebrados con anterioridade á entrada en vigor da orde de convocatoria, calquera que sexa a modalidade obxecto de transformación.
TIPOS DE AXUDA
Os incentivos determinaranse en atención á taxa de estabilidade laboral que se acade como consecuencia das contratacións realizadas no período de referencia, e segundo se trate dunha contratación inicial ou de conversións de contratos temporais en indefinidos.
PRAZO: rematará o 31 de xullo de 2008, debendo estar todas as contratacións realizadas o 30 de setembro.

No hay comentarios: