lunes, 7 de julio de 2008

AXUDAS DE VICEPRESIDENCIA A MULLERES EMPRESARIAS. "PROGRAMA EMEGA"

OBXECTO: Concesión de axudas e subvencións para o establecemento da muller como empresaria.

BENEFICIARIAS:
Programa EMEGA 1:
- Mulleres individualmente consideradas que encontrándose na situación de desemprego, se establezan como traballadoras autónomas ou constitúan unha sociedade de carácter unipersoal, e creen polo menos un posto de traballo por conta allea desempeñado por outra muller. Ademáis deben iniciar a actividade entre 1 de marzo do 2007 e o 28 de febreiro do 2008.
- Mulleres desempregadas, que se unan ou asocien e creen, polo menos, os postos de traballo para dúas mulleres (pódense incluir os das promotoras).
Programa EMEGA 2:
- As empresarias autónomas, incluídas sociedades unipersonais, que iniciasen a actividade profesional entre o 1 de xeneiro de 2007 e o 25 de xullo do 2008, partindo dunha situación de inactividade laboral ou ben que se constitúen en empresarias coa fin de mellorar a súa empregabilidade, e que desenvolvan, de xeito habitual, a súa actividade profesional na empresa.
- As empresas participadas maioritariamente por mulleres que iniciasen a súa actividade entre o 1 de xeneiro do 2007 e o 25 de xullo do 2008, e nas cales a maioría das mulleres acceden á condición de socias partindo dunha situación de inactividade laboral ou ben adquiren esta condición de socias co fin de mellorar a súa empregabilidade e que desenvolvan, de xeito habitual, a súa actividade profesional na empresa para a que solicitan a subvención. Polo menos unha das socias debe traballar na empresa.
- Empresarias autónomas, ou empresas participadas maioritariamente por mulleres con actividade ininterrumpida como empresarias entre 1 e 3 anos a 25/07/2008, sin axuda EMEGA para a creación da empresa, para sufragar gastos derivados da formación e capacitación como consecuencia da incorporación de novas tecnoloxías.

¿QUÉ SE SUBVENCIONA?

Gastos de funcionamento e posta en marcha: mano de obra empleada na reforma do local, alquiler locais e maquinaria, gastos corrientes (luz, agua, teléfono...), material fungible, adquisición das primeiras mercaderias (máximo 3.000 euros).
É compatible con outras axudas sempre e cando non sexan para o mesmo fin, e en conxunto non poden superar o 55% do coste total.

CUANTÍA DAS AXUDAS: 50% do presuposto total para inversións, máximo 18.000 euros para o progra Emega 1 e 12.000 para o programa Emega 2.

PRAZO DE SOLICITUDE: 25/07/2008.

PRINCIPAL OBRIGA: Mante-la actividade e os postos de traballo creados polo menos 5 anos.

No hay comentarios: