viernes, 4 de julio de 2008

AXUDAS DA CONSELLERÍA DE TRABALLO A INICIATIVAS EMPRENDEDORAS DE EMPREGO

Obxecto:
Xerar emprego estable, especialmente de mozos e mulleres, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais promovidas por persoas desempregadas con especial atención aos concellos do rural galego..

Beneficiarios:
Empresas privadas calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, sociedades civís, comunidades de bens, sociedades cooperativas e sociedades laborais que cumpran as condicións e os requisitos establecidos para cada tipo de axuda e nas que concorran, na data de inicio da actividade, as seguintes circunstancias:
* que sexan empresas de nova creación
* que sexan viables técnica, económica e financeiramente
* que xeren emprego estable para persoas desempregadas
* que teñan o seu domicilio social e fiscal e o seu centro de traballo nun concello de Galicia
* que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os socios promotores non figure ningunha persoa xurídica
* que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros e
* que a maioría do capital social sexa de titularidade de promotores desempregados que creen o seu propio posto de traballo na empresa.

Tipos de axuda:
• Subvención á xeración de emprego estable
• Subvención financeira
• Subvención para asistencia técnica
• Subvención para o inicio da actividade para o financiamento dos primeiros gastos da actividade.
• Subvención para a conciliación da vida profesional e persoal dos promotores.
• Incrementos dos incentivos. As contías máximas das axudas deste programa, incrementaranse nun 20% nos casos de que a empresa teña o seu domicilio social e o centro de traballo nun concello rural.

Prazo: finalizará o 15 de setembro de 2008. Non obstante deberán respectarse os prazos específicos establecidos para cada tipo de axuda:

No hay comentarios: