O Grupo de Acción Costeira A Mariña-Ortegal (GAC1), entidade
colaboradora da Consellería do Medio Rural e do Mar, concede axudas de
ata o 60% para proxectos de creación de empresa vinculadas ao mar ou proxectos para a diversificación da economía en zonas de pesca e que
podan encadrarse dentro dalgunha das seguintes medidas:
- Fortalecemento da competitividade do sector pesqueiro.
- Diversificación e fortalecemento da economía nas zonas pesqueiras.
- Cohesión social.
- Mellora ambiental nas zonas de pesca.
O prazo de solicitude remata o 31 de marzo de 2014.
Si necesitas máis información podes contactar coa Axente de emprego e
desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou directamente na
oficina do GAC en Celeiro, sita na rúa da praia, 1-2º, ou chamando ós teléfonos 982590195/982563355.
No hay comentarios:
Publicar un comentario