lunes, 10 de marzo de 2014

AXUDAS A EMPRESAS DE ECONOMÍA SOCIAL E DE PROMOCIÓN DO COOPERATIVISMO


No DOG do venres 7 de marzo de 2014, publicouse a Orde do 21 de febreiro de 2014, da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de fomento do emprego en empresas de economía social e de promoción do cooperativismo, cofinanciada parcialmente polo FSE, e se procede a súa convocatoria para o ano 2014

Con estas axudas preténdese promover a incorporación de persoas desempregadas ás entidades de economía social e apoiar o desenvolvemento de proxectos de creación deste tipo de empresas a través dos seguintes programas:

Programa I-Fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais.
Programa II- Fomento do acceso á condición de persoa socia traballadora.
Programa III- Impulso de proxectos empresariais cooperativos e asistencia técnica.
Programa IV- Promoción das cooperativas xuvenís.
Programa V- Intercooperación e integración cooperativa.


Para máis información pinche aquí:
http://traballo.xunta.es/axudas-e-subvencions?p_p_id=ipecos_opencms_portlet_INSTANCE_N7Md&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_col_id=column-3&p_p_col_count=1&_ipecos_opencms_portlet_INSTANCE_N7Md_content=%2Fopencms%2FTraballo%2FContidos%2FAxudas%2Faxuda_0084.html&category=Tipos_enumerados/Tipo_Axuda/Estado/En_Prazo/

No hay comentarios: