Ata o día 10 de abril do 2014
está aberto o prazo para inscribirse para os exames das competencias
claves dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3.
Para
poder acceder a determinados cursos convocados pola Consellería de
Traballo e Benestar e dirixidos prioritariamente a traballadores
desempregados (antiguo plan FIP) é necesario dispoñer dunha determinada
titulación que varia segundo o nivel ou superar os exames das probas de
competencias clave. Tamén ocorre o mesmo para poder participar en determinadas especialidades nos obradoiros de emprego.
Para máis información,
contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do
Vicedo, con oficina sita na Casa de Cultura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario