jueves, 24 de abril de 2014

A DEPUTACIÓN OFRECE A PEMES E AUTÓNOMOS ASESORAMENTO GRATUITO PARA A MELLORA DA COMPETITIVIDADE


A Deputación abre este mércores o prazo de solicitude dun innovador programa na provincia gratuíto en impulso de 300 autónomos e microempresas lucenses. É unha iniciativa conxunta coa Escola de Organización Industrial, que inclúe unha diagnose das necesidades e oportunidades dos negocios, a elaboración dun plan de mellora e asesoramento técnico. Os interesados poden inscribirse dende hoxe e durante 15 días naturais en www.deputacionlugo.org. Máis información na web ou no 982-26-00-08.

O Proxecto de Dinamización de Tecido Empresarial ten como obxectivo mellorar a competitividade de micropemes e autónomos da provincia. Os beneficiados poderán escoller entre os seguintes tipos de asesoramento individualizado por parte dun equipo especializado de profesionais:
- Asesoramento en implantación de novas tecnoloxías: determinarán accións de mellora e proporanse solucións software de negocio. Por exemplo, implantación de infraestruturas de TIC básica ou avanzada; ferramentas de produtividade, facturación, contabilidade, ERP, CRM, Certificado dixital; cursos de formación no ámbito TIC, xestión de fluxos de clientes...
- Asesoramento en xestión comercial: determinaranse novas liñas de actuación na xestión de mercados e clientes. Por exemplo, novas áreas xeográficas e canles de venda, métodos de captación e fidelización de clientes, medios e ferramentas de promoción on-line...
Ambos os dous tipos de asesoramento inclúen accións de mellora encamiñadas a impulsar a estratexia de márketing dixital. Para elo, farase unha completa avaliación das páxinas web (deseño, usabilidade, navegalidade...); do posicionamento nas redes sociais, da reputación online, dos beneficios dun blog, da xeolocalización nas principais plataformas...

Máis información e inscricións, pinche aquí:
http://dinamizate.deputacionlugo.org/contacto/

No hay comentarios: