.
Tras a ampliación de fondos para o
programa Leader 2007-2013, o GDR da comarca de A Mariña abre novamente o
prazo para a presentación de proxectos que poidan optar a unha axuda
deste programa.
A resolución dos expedientes vai por orde de
presentación, polo que, en caso de esgotamento de fondos novamente, os
que antes presenten, teñen máis posibilidades de obter axuda.
Os proxectos subvencionables deben encadrarse nalgunha das seguintes vías:
- Dinamización do sector agrario e forestal.
- Mellora ambiental e do contorno rural.
- Diversificación da economía rural e mellora da calidade de vida.
Para
máis información ou si necesitan axuda para a presentación das
solicitudes poden dirixirse á oficina da Axente de emprego e
desenvolvemento local de O Vicedo, sita na Casa da Cultura, ou
directamente as oficinas do GDR en Mondoñedo
No hay comentarios:
Publicar un comentario