martes, 26 de agosto de 2014

REUNIÓN CON PRODUCTORES DA HORTA



O Grupo de desenvolvemento rural da Mariña, convoca a tódolos productores de horta a unha reunión, xa que teñen previsto facer algunha actividade de promoción e difusión do sector.

A idea que desde o GDR lles plantexa é o de collendo como referencia os produtos que se dan na zona, promocionar os concellos. En principio, faríano a xeito inicial cos concellos de producción, pero nunha segunda fase, podería extenderse á totalidade da comarca e tratar de implicar ao sector da restauración.

A xuntanza co sector será o vindeiro xoves 28, ás 21:30h, no centro de desenvolvemento comarcal de Mondoñedo. 

Para calquera dúbida contactar coa xerente do  GDR : 982.50.71.11


No hay comentarios: