miércoles, 27 de agosto de 2014

PROGRAMA EMEGA. AXUDAS A MULLERES EMPRENDEDORAS

Convócanse as devanditas axudas para o ano 2014, que inclúen no caso da liña Emprende, os proxectos que cumplan os requisitos e iniciasen a actividade entre o 12 de setembro de 2013 e o 11 de setembro de 2014..

As axudas reguladas por estas bases teñen por obxecto incentivar ás mulleres emprendedoras de Galicia para a posta en marcha, mellora ou reactivación de iniciativas empresariais, ademais do fomento da iniciativa empresarial da investigación ou de base tecnolóxica, como medio adecuado para a súa promoción, participación e progresión no mercado laboral, a través das seguintes liñas de actuación:

1. Liña Emprende: programa de axudas económicas a través de primas para estimular a posta en marcha de iniciativas empresariais e a creación de emprego feminino por conta propia e allea.

2. Liña Innova: programa de axudas económicas mediante primas para promover a realización de melloras innovadoras nas empresas lideradas por mulleres que comparten a creación de emprego feminino estable e de calidade e a mellora da competitividade.

3. Liña Activa: programa de axudas económicas a través de primas para favorecer a reactivación e consolidación de empresas lideradas por mulleres por medio da aplicación de medidas de renovación, relanzamento, ampliación ou cambio de localización da actividade coas cales acadar o equilibrio empresarial buscando o seu mantemento e promoción no contexto económico actual.

4. Liña ITEF: Específica de investigación ou tecnolóxica en feminino: programa de axudas económicas mediante primas para promocionar o mellor proxecto empresarial de claro carácter innovador, contido científico ou de base tecnolóxica nas empresas lideradas por mulleres e que comparten a creación de emprego feminino.

5. Liña Concilia: programa de apoio á conciliación do exercicio profesional coa vida persoal e familiar dirixido ás empresas que acceden a calquera dos programas das liñas Emprende, Innova, Activa ou ITEF, nas cales existan promotoras con fillos/as menores de tres anos, para favorecer o exercicio profesional das emprendedoras que compatibilizan a súa actividade co exercicio da maternidade en idades temperás e/ou nas cales, a través de acordos, convenios ou contratos de teletraballo, se implementen novos sistemas de organización, que comparten flexibilidade no uso dos tempos para a execución do traballo e o desenvolvemento sustentable dos recursos, para facilitar a conciliación da vida persoal e laboral e o exercicio das responsabilidades familiares compartidas do equipo humano que integra a empresa.



Fin prazo solicitude: 11 de setembro de 2014

No hay comentarios: