Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a
contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha TRABALLADOR/-A SOCIAL, a xornada completa,
desde o próximo 25 de agosto ata o 31 de decembro de 2014.
O
prazo de inscrición remata o vindeiro día 14 de agosto, ás 15:00 horas. A
selección realizarase o día 22 de agosto de 2014, a partir das 10:00 na Casa
Consistorial.
As persoas que presenten a solicitude noutros rexistros ou en correos deberán enviar copias compulsadas, e adelantar por fax ou correo electrónico, dentro do prazo estipulado, copia da instancia correctamente selada polo organismo onde a presenta.
Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de
emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura do Vicedo, ou chamar ao 982590195.
No hay comentarios:
Publicar un comentario