Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a
contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha
AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (21 horas/semana), desde o
próximo día 01 de setembro de 2014 ata o 28 de febreiro de 2015.
O prazo de inscrición remata o vindeiro día 29 de agosto, ás 9:30 horas. A selección realizarase ese mesmo día, a partir das 9:30 horas, na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario