CONVOCATORIA: RESOLUCIÓN DO 7 DE XANEIRO DO 2015 DA CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS.( DOG nº , do 19 de xaneiro de 2015).
OBXECTO : Estas axudas ao alugamento de vivendas
teñen por obxecto facilitar o acceso e a permanencia nunha vivenda en réxime de
aluguer a persoas físicas con escasos medios económicos, mediante a concesión
de subvencións para afrontar os custos do alugueiro.
REQUISITOS : As persoas beneficiarias deberán
cumprir as seguintes condicións:
a) Ser titular ou estar en condicións de subscribir un contrato de
arrendamento de vivenda, con mención expresa da súa referencia catastral,
formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de Arrendamentos
Urbanos, en calidade de arrendatario.
b) Que a vivenda arrendada ou a arrendar constitúa, ou vaia a constituír,
a residencia habitual e permanente da persoa arrendataria.
c) Que os ingresos das persoas que compoñen a unidade de convivencia que
teñan, ou vaian ter, o seu domicilio habitual e permanente na vivenda arrendada,
consten ou non como titulares do contrato de arrendamento, sexan en conxunto
inferiores a 3 veces o IPREM.
d) Que a renda do contrato de arrendamento non supere os seguintes
límites;
- 600€ para as vivendas
situadas nos concellos de área territorial de Prezo Máximo Superior: A Coruña,
Santiago de Compostela, Ourense, Vigo e Pontevedra.
- 500€ para as vivendas situadas na zona
territorial 1 (concellos de Ames, Ares, Arteixo, As Pontes de García Rodríguez,
Betanzos, Boiro, Cambre, Carballo, Cee, Cedeira, Culleredo, Fene, Ferrol,
Melide, Mugardos, Narón, Neda, Noia, Oleiros, Ordes, Oroso, Padrón, Pontedeume,
Ribeira, Sada e Teo. Burela, Cervo, Chantada, Foz, Lugo, Monforte de Lemos,
Ribadeo, Sarria, Vilalba e Viveiro, Allariz, A Rúa, O Barco de Valdeorras, O
Carballiño, Celanova, Ribadavia, Verín e Xinzo de Limia. A Estrada, A Illa de
Arousa, Baiona, Bueu, Cambados, Cangas, Gondomar, Lalín, Marín, Moaña, Mos,
Nigrán, O Grove, O Porriño, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Redondela, Sanxenxo,
Tui, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa)
- 400€ para as vivendas situadas no resto de
concellos, zona territorial 2.
No suposto de que a unidade de convivencia necesitara unha vivenda de
maiores dimensións, por ter a condición de familia numerosa ou unha vivenda
adaptada por ter un membro con discapacidade, a renda máxima da vivenda poderá
acadar os 600 euros mensuais, no caso de estar nun concello da zona territorial
1, e os 500 euros no caso de estar nun concello da zona territorial 2.
CONTÍA DAS AXUDAS :O seu importe será do 40% da
renda anual que se deba satisfacer polo aluguer da vivenda habitual e
permanente, cun límite máximo anual de 2.400 euros por vivenda, o que supón unha
axuda mensual máxima de 200 euros. As axudas concederanse por un prazo de doce
meses, prorrogables a solicitude da persoa interesada, ata a data de
finalización do Plan.
PROCEDEMENTO :O procedemento de concesión será en
réxime de concorrencia competitiva, o que supón que tódalas solicitudes serán
valoradas aos efectos de seleccionar aos beneficiarios das axudas.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
- PRAZO ; Dende o dia 20 de xaneiro de 2015 ata 19 de febreiro de 2015,ambos os dous incluídos.Mais informacion:
No hay comentarios:
Publicar un comentario