Está aberto o prazo desde hoxe ata o día 03 de marzo de 2015
para inscribirse no programa de fomento do emprego da Excma. Deputación
Provincial de Lugo, tamén chamado “Ben empregado”.
Requisitos:
-
- - Desempregados da provincia de Lugo maiores de 16
anos. (excluídos os que se atopen en situación de mellora de emprego)
-
- Empadroados en calquer municipio da provincia de
Lugo e inscritos na correspondente oficina de emprego.
-
- Capacitación ou titulación requerida para o
posto de traballo solicitado (ver perfís demandados)
As solicitudes debén dirixirse a Excma. Deputación
Provincial de Lugo, e xunto coa solicitude debe de axuntarse a seguinte
documentación:
-
- - DNI
-
- Tarxeta de demanda de emprego ou certificado de
empadroamento.
-
- Currículum vitae actualizado.
-
- Vida laboral.
-
- Titulo académico esixido si é o caso.
-
- Acreditación dos méritos (a experiencia laboral
pode acreditarse con contrato de traballo, certificado de empresa ou copia
compulsada dunha nómina).
As empresas comprométense a contratar os traballadores
seleccionados pola deputación durante un período mínimo de 12 meses.
Non se admitirá máis dunha solicitude por candidato, pero
poderá optar a dous perfís profesionais.
O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 3 de marzo
de 2015
Máis información:
No hay comentarios:
Publicar un comentario