martes, 10 de febrero de 2015

APOIO AO SERCTOR AGROGANDEIRO, VITIVINICOLA E PESQUEIRO PROVINCIA DE LUGO 2014



A Excma. Deputación Provincial de Lugo convocou axudas para:
Liña 1: Recuperaicón e incorporación de terras para a posta en producción de recursos agrogandeiros
Ten como finalidade incorporar terras á superficie produtiva. Para poder ser beneficiario será preciso dispor dunha superficie mínima de 1 Ha., e a superficie a incorporar pode ser en concepto de propiedade, aluguer, cesión ou doazón.

Liña 2: Apoio ao sector hortícola:
Inclúe:
-          Insatalación de novos invernadoiros.
-          Reparación e mellora de invernadoiros xa existentes.
-          Sistema de rega e outros equipamentos para o invernadoiro.
Para ser beneficiario desta subvención será preciso que teñan unha superficie mínima de 300 metros cadrados.

Liña 3: Apoio ao sector vitivinícola.

Liña 4: Apoio ao sector pesqueiro.
Inclúe:
-          Investimentos que supoñan unha mellora tecnolóxica na embarcación.
-          Investimentos en materiais e equipamentos que sirvan para mellorar a seguridade da embarcacióne da tripulación de a bordo.
-          Investimentos en útiles, aparellos e materiais complementarios de pesca encamiñados a mellorar a rendibilidade respectando a normativa da pesca de baixura.
Os beneficiarios teñen que comprometerse a ter en funcionamento o ben durante cinco anos.

Fin prazo solicitude: 9 de marzo de 2015.

Para máis información contactar coa Axente de Emprego e Desenvolvemento Local do concello de O Vicedo

No hay comentarios: