A Consellería de Traballo e Benestar
convocou unhas axudas para a posta en marcha de OBRADOIROS
DE EMPREGO DIRIXIDOS AS PERSOAS MOZAS INCLUIDAS NO FICHEIRO DO SISTEMA NACIONAL
DE GARANTÍA XUVENIL
Neste proxecto mediante o desempeño
dun traballo real e remunerado, combinaríase formación con práctica profesional.
A duración sería de seis meses.
Os alumnos-traballadores deberían cumprir como mínimo os seguintes requisitos:
-
Ter 18 ou máis anos e menos de 25, excepto no caso de
persoas con discapacidade maior ou igual o 33%, e estar inscrito no Sistema
nacional de garantía xuvenil, para o que se debe de cumprir ademáis:
-
Non haber traballado nos 30 días naturais anteriores
ao momento de recibir a actuación.
-
Non ter recibido accións educativas que sumen máis de
40 horas mensuais nos 90 días naturais a recibir a actuación.
-
Non ter recibido accións formativas que sumen máis de
40 horas mensuais nos 30 días naturais anteriores a recibir a actuación.
A fin de coñecer a demanda real para
ver as posibilidades de solicitude e concesión dos mesmos, tódolos interesados
deberán estar inscritos no antedito ficheiro ou pasar pola Oficina de información
xuvenil, sita na Casa da Cultura, onde se lles informará e axudará a facer os
trámites necesarios (si pode ser, deberan traer o DNI electronico activado). Fin prazo para inscribirse: 20 de febreiro de 2015.
No seguinte enlace pode ter mais informacion sobre o ficheiro de garantia xuvenil:
No hay comentarios:
Publicar un comentario