Son subvencionables distinta actuacións realizadas a partir
do 1 de xaneiro de 2015 e a data límite de xustificación:
1. Para comerciantes
minoristas:
1)Acondicionamento de local comercial, sempre que a superficie resultante non supere os 150 metros cadrados. Non será de aplicación esta limitación de superficie para as actividades encadradas baixo o epígrafe do IAE 653.1 Investimento máximo: 10.000 euros (Ive excluido), e 40% como máximo de porcentaxe de subvención.
2) Medidas orientadas a mellorar a imaxe exterior e adquisición de moblaxe e equipamento dedicado a actividade e para uso exclusivo da zona de venda. Investimento máximo subvencionable: 5.000 euros. Importe da subvención 40%
3) Ferramentas ou programas informáticos que melloren a xestión do
establecemento. Inversión máxima subvencionable: 4.000 euros; IVE excluído, e a
porcentaxe da subvención será do 50%
4) Desenvolvemento e implantación de sistemas de empaquetado e etiquetado
dirixido a mellora da loxística e comercialización do produto e o deseño da súa
presentación. Inversión máxima subvencionable: 5.000 euros; IVE excluído, e a porcentaxe
da subvención será do 50%.
5) Novos sistemas de comercialización que combinen o comercio online e offline. Inversión máxima
subvencionable: 6.000 euros; IVE excluído, e a porcentaxe da subvención será do
50%.
6) Novos sistemas de comercialiación e información ao consumidor que
impliquen a utilización das redes sociais para a venda. Excluidas accións de publicidade.
Inversión máxima subvencionable: 8.000 euros; IVE excluído, e a porcentaxe da
subvención será do 50%.
2. Para titulares de
obradoiros artesanais.
3. Para as
federacións de comerciantes.
4. Para as
asociacións profesionais de artesáns.
O prazo de solicitude finaliza o día 11/03/2015.
Para máis información contactar coa Axente de emprego e
desenvolvemento local do concello de O Vicedo
No hay comentarios:
Publicar un comentario