A Consellería de Traballo e Benestar convoca axudas para a contratación das persoas desempregadas en situación ou risco de exclusión social e procede a súa convocatoria para o ano 2015
Obxecto
Incentivar á contratación temporal das persoas
desempregadas en situación ou risco de exclusión social coa finalidade
de mellorar a súa empleabilidade e ocupabilidade.
Persoas beneficiarias
As
persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica
que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as
comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que
contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren
servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de
Galicia.
Contratacións subvencionables
Todas as
modalidades contractuais de carácter temporal, a tempo completo ou a
tempo parcial, agás o contrato temporal para a formación e a
aprendizaxe, cunha duración mínima de 6 meses e máxima de 12 meses, que
se realicen con persoas desempregadas que pertenzan a algún dos
colectivos en risco de exclusión social relacionados no artigo 3.1 da
orde de convocatoria.
Contías
As contratacións temporais incentivaranse cunha contía de 2.500 euros a 5.000 euros en función da duración do contrato.
Prazo de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes de axudas finalizará o 30 de setembro de 2015.
Máis información:
http://traballo.xunta.es/axudas-e-subvencions?p_p_id=ipecos_opencms_portlet_INSTANCE_N7Md&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_col_id=column-3&p_p_col_count=1&_ipecos_opencms_portlet_INSTANCE_N7Md_content=%2Fopencms%2FTraballo%2FContidos%2FAxudas%2Faxuda_0201.html&category=Tipos_enumerados/Tipo_Axuda/Estado/En_Prazo/
ou directamente contactando coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello de O Vicedo, con oficina sita na Casa da Cultura
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario