Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a
contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha
AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (30 horas/semana),
durante tres meses, sendo a data de inicio prevista o día 17 de agosto.
O prazo de inscrición remata o vindeiro día 12 de agosto, ás 15:00 horas. A selección realizarase o día 13 de agosto de 2015, a partir das 12:00 na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario