lunes, 24 de agosto de 2015

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha LIMPADORA, a media xornada, con adscrición ao servizo de limpeza municipal, desde o día 24 de setembro de 2015 ata o 23 de marzo de 2016.

O prazo de inscrición está aberto desde o día 21 de agosto ata as 15:00 horas do próximo día 31 de agosto. Realizándose o proceso de selección o día 16 de setembro a partir das 10:00 horas, na Casa do concello.

Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

No hay comentarios: