viernes, 22 de julio de 2016

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha LIMPADOR@, par cubrir vacacións, con adscrición ao servizo de limpeza municipal, desde o día 09 de agosto de 2016 ata o 24 de agosto de 2016, co mesmo horario das persoas as que sustitúe, media xornada

O prazo de inscrición remata o próximo día 02 de agosto, ás 09:30 horas, realizándose o proceso de selección ese mesmo día, a partir das 10:00 horas, na Casa do concello.

Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

No hay comentarios: