jueves, 7 de julio de 2016

OFERTA DE TRABALLO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha LIMPADORA, par cubrir vacacións, con adscrición ao servizo de limpeza municipal, desde o día 01 de agosto de 2016 ata o 01 de setembro de 2016, co mesmo horario das persoas as que sustitúe.

O prazo de inscrición remata o próximo día 18 de xullo, ás 15:00 horas, realizándose o proceso de selección ó día seguinte 19 de xullo de 2016, a partir das 10:00 horas, na Casa do concello.

Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

No hay comentarios: