jueves, 29 de diciembre de 2016

SELECCIÓN AXENTE TIC

No Boletín oficial da provincia de Lugo do día 28/12/2016,  publicouse o anuncio da convocatoria para a selección, mediante concurso-oposición, dun AXENTE TIC, a xornada parcial (20 horas/semana), como persoal laboral temporal do concello de O Vicedo, e encargado da aula CEMIT.
Poden consultar as bases e descargar a instancia de solicitude no seguinte enlace:
https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.1   (apartado taboleiro de anuncios).


Según aparece nas bases de selección a documentación que debe acompañar a instancia de solicitude é:
- Copia compulsada do DNI.
- Copia compulsada da titulación esixida: estar en posesión dalgunha titulación de Técnico superior ou FPII da rama informática
- Copia compulsada da acreditación de estar en posesión do CELGA 4 ou curso de perfeccionamento do galego.
- Acreditación dos méritos en caso de existir, en orixinal ou copia compulsada, de: vida laboral máis contratos de traballo, diplomas dos cursos relacionados co posto e outras titulacións relacionadas co posto de traballo.
Si a documentación se presenta directamente no Concello, deben traer os orixinais e xa se lles fan aquí as copias compulsadas.
Si presentan a solicitude noutro rexistro distinto o do propio Concello, ademáis de todo o anterior, deben de enviar por fax ao 982590001, dentro do prazo estipulado, unha copia da solicitude correctamente presentada e datada, según o estipulado nas bases.
O prazo de solicitude é de 10 días naturais a contar desde o día seguinte o da publicación no Boletín oficial da provincia, finaliza o próximo día 09 de xaneiro de 2017, por ser o día 07 inhábil.

No hay comentarios: