Publicada
no DOGA do 04/08/2017, é unha subvención de concorrencia competitiva dirixida a
iniciativas empresarias constituídas por mulleres. Contempla distintas liñas de axuda:
-
Liña
Emprende e liña ITEF: posta en marcha de empresas
-
Liña
Innova: mellora de empresas xa creadas
-
Liña
Activa: reactivación de empresas
Estas
liñas pódense complementar coa axuda Concilia (para conciliación familiar) e
coa axuda Dual (titorización para á empresa).
Esta
subvención é incompatible para a mesma finalidade e concepto coa subvención de
emprego autónomo, coa de fomento de emprego en cooperativas e sociedades
laborais, coa subvención de inicitivas de emprego (tamén as de base
tecnolóxica), e con outras da Xunta de impulso do emprendemento.
Beneficiarias:
empresas privadas formadas por mulleres que inicien a súa actividade ou
formalicen os seus plans Activa ou Innova entre o 01/08/2016 e o 03/09/2017, e
que non tiñan sido beneficiarias do programa Emega nos tres últimos anos.
As
axudas oscilan entre os 12.000 e os 22.000 euros, dependendo da liña e do
número de postos de traballo creados, excepto na liña ITEF que poden chegar ata os 50.000 euros. Ademáis poden contar coas liñas complementarias Concilia
(3.000 euros) e Dual (500euros)
Prazo
de presentación de solicitudes: 03/09/2017
Para máis información contactar coa Axente de emprego e
desenvolvemento local do concello ou pinchar no seguinte enlace: http://www.xunta.gal/diario-oficial
No hay comentarios:
Publicar un comentario