A Consellería de Economía, Emprego e Industria concedeu unha axuda para a contratación de 4 PEÓNS FORESTAIS, para o mantemento de zonas naturais, a xornada completa e durante 9 meses, para empezar a máis tardar o 29 de xuño de 2018, ao abeiro da Orde do 31 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Aprol rural) para o ano 2018.
Para poder optar a estos postos de traballo hai que estar desempregados, non ocupados e dispoñible para o emprego, e inscritos no servizo público de emprego, tanto no momento da selección como no da contratación.
Próximamente, este concello presentará a correspondente oferta na oficina de emprego de viveiro
No hay comentarios:
Publicar un comentario