A Consellería de Economía, Emprego e Industria concedeu unha axuda a este concello para a organización de dous CURSOS DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS (PLAN AFD), dirixido a persoas desempregadas. Un deles terá horario de mañá de 9:00 a 14:00 e o outro de tarde de 15:30 a 20:30 horas.
Requisitos de acceso: o ser un curso de nivel 2 a titulación mínima sería a ESO ou equivalente.
No caso de superar o curso, obterían o correspondente certificado de profesionalidade expedido pola Xunta de Galicia.
Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello, teléfono: 982590195/982590029.
No hay comentarios:
Publicar un comentario