Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (34 horas/semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda ó fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de inicio prevista o día 17 de outubro, e por un período de seis meses.
O prazo de inscrición remata o vindeiro día 4 de outubro. A selección realizarase o día 8 de outubro de 2018, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
No hay comentarios:
Publicar un comentario