viernes, 14 de septiembre de 2018

OFERTAS DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, de tres auxiliares de axuda no fogar, un por un período de seis meses e xornada parcial (20 horas á semana), outro por un período de seis meses e xornada parcial (21 horas á semana), e o terceiro por interinidade con xornada completa. O proceso de selección será o día 27 de setembro a partir das 10:00 horas.
Asimesmo, están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha limpiador/a, un por un período de seis meses e xornada completa. O proceso de selección será o día 28 de setembro partir das 10:00 horas.

O prazo de inscrición para as catro convocatorias remata o próximo día 26 de setembro. 

Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura. https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

No hay comentarios: