martes, 23 de abril de 2019

PROGRAMA EMPEGA XUVENTUDE DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN E FORMACIÓN DE PERSOAS MOZAS


Obxecto: axudas a contratación de persoas menores de 30 anos.

Beneficiarios:Persoas empregadoras e empresas, calquera que sexa a forma xurídica.

Solicitude : http://sede.xunta.gal.

Prazo:  ata o 30 de Setembro do 2019.


Tipos de axuda:

  1. Bono de contratación: para a contratación indefinida inicial e a temporal cunha duración mínima inicial de 12 meses das persoas desempregadas mozas menores de 30 anos.

  1.  Bono de formación (opcional): dirixido as persoas contratadas por medio desta orde, para accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades.

Contía da axuda:

  1. Para as contratacións indefinidas iniciais, incentivaranse cunha axuda de 6.000 euros por cada persoa desempregada menor de 30 anos contratada.
  2. Para as contratacións temporais cunha duración mínima inicial de doce meses, incentivaranse cunha axuda de 3.000 euros por cada persoa desempregada menor de 30 anos.

As contías icrementaranse nun 25% (acumulable) en empresas con mais de 50 persoas traballadoras e cunha taxa de estabilidade igual ou superior ao 70% ou ben se a actividade da entidade solicitante pertence ao ambito de sectores estratéxicos.

No hay comentarios: