Esta orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria ten por obxecto fixar
as bases reguladoras, en réxime de concorrencia non competitiva, e proceder ás úa
convocatoria para o 2019 dos incentivos á súa contratación por conta allea. Por
medio desta convocatoria as empresas terán a posibilidade de obter axudas para
a contratación por conta allea e a formación coa finalidade de facilitar a
inserción laboral das mulleres desempregadas que presentan desvantaxes e
dificultades particulares para acceder ou permanecer no mercado de traballo.
Nesta convocatoria inclúense
dous tipos de axudas compatibles:
a)
Bono a contratación, para proporcionar unha subvención
á contratación indefinida inicial, á contratación temporal cunha duración
inicial mínima de 12 meses, á transformación de contratos temporais en
indefinidos que deberán ser a tempo completo, e os contratos indefinidos a
tempo parcial nos cales será subvencionable o incremento de xornada que
deberá acadar a xornada a tempo completo ordinaria ou a establecida no
convenio colectivo de aplicación.
|
b)
Bono de formación dirixido ás mulleres contratadas por
medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos
e habilidades relacionados co posto de traballo, agás nos casos de incremento
de xornada e transformación.
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario