viernes, 5 de julio de 2019

LISTAS DE ADMITIDOS PROCESOS DE SELECCIÓN DE 3 CONDUTORES MOTOBOMBA E A BRIGADA DE INCENDIOS (1 XEFE DE BRIGADA, 3 PEÓNS E 1 PEÓN-CONDUTOR)

No día de hoxe, 05 de xullo ode 2019, publícanse as seguintes listas de admitidos/excluidos provisionais, que no caso do xefe de brigada e dos condutores motobomba elévanse a definitivas por non haber candidatos/-as excluídos:

- Tres peóns para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.
- 1 Peón-condutor para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.
- 1 Xefe para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.
- 3 Condutores motobomba, dous meses e medio a xornada completa.

As persoas que aparecen como excluídas, poderán formular alegacións ou correxir, no seu caso, os erros que proceda, no prazo de dous días hábiles a contar a partir de hoxe (sin contar sábados, nin domingos, nin festivos), é decir, os días 08 e 09 de xullo. O día 10 de xullo, a máis tardar ás 9:30 h. publicaranse as listas definitivas.

Por outra parte, fíxanse as datas, hora e lugar da realización das probas, que serán:

* Para os condutores-motobomba:

- A proba de esforzo realizarase o día 10 de xullo, ás 11:00 horas, na clínica FOUZ de Viveiro. Os resultados se publicaran a máis tardar ás 15:00 horas do día 11 de xullo no taboleiro de anuncios, páxina web do concello e blog de emprego municipal.

- Os candidatos que superen a proba de esforzo deberán presentarse para continuar coas seguintes fases do proceso de selección, que terán lugar a partir das 10:30 horas do día 15 de xullo de 2019, na Casa da Cultura do Vicedo, continuando nos días sucesivos, á mesma hora e no mesmo lugar, no caso de non cubrirse o total de postos de traballo convocados ou de non rematar as probas de selección no día arriba indicado.


* Para o xefe de brigada, peón-condutor e os 3 peóns da brigada de incendios:
- A proba de esforzo realizarase o día 10 de xullo, ás 11:00 horas, na clínica FOUZ en Viveiro. Os resultados publicaranse a máis tardar ás 15:00 horas do día 11 de xullo no taboleiro de anuncios, páxina web do concello e blog de emprego municipal.

- Os candidatos que superen a proba de esforzo deberán presentarse para continuar coas seguintes fases do proceso de selección, que terán lugar a partir das 11:00 horas do día 12 de xullo de 2019, na Casa Consistorial do Vicedo, continuando nos días sucesivos, á mesma hora e no mesmo lugar, no caso de non cubrirse o total de postos de traballo convocados ou de non rematar as probas de selección no día arriba indicado.




No hay comentarios: