viernes, 5 de julio de 2019
AXUDAS AO EMPRENDEMENTO FEMENINO "PROGRAMA EMEGA"
Convocadas pola Vicepresidencia, Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
BENEFICIARIAS: Poderán ser beneficiarias das axudas do programa Emega as empresas privadas formadas por mulleres que inicien a súa actividade económica ou formalicen os seus plans Innova ou Activa no período comprendido entre o 1 de agosto de 2018 e a data do fin do prazo de presentación de solicitudes, sempre que cumpran todas as condicións e os requisitos comúns e os específicos da correspondente liña ou tipo de axuda previstos nas bases reguladoras.
TIPOS DE AXUDA: O programa Emega comprende as seguintes liñas e axuda complementaria: a) Liña Emprende: liña de axudas económicas mediante incentivos para promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais; b) Liña Innova: liña de axudas económicas mediante incentivos para promover a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competitividade; c) Liña Activa: liña de axudas económicas mediante incentivos para favorecer a reactivación e consolidación de empresas para paliar unha situación económica adversa e acadar o necesario equilibrio empresarial para asegurar a súa pervivencia e consolidación no actual contexto económico; d) Liña ITEF: liña de axudas económicas mediante incentivos para impulsar a implantación de iniciativas empresariais de carácter innovador, con contido científico ou con base tecnolóxica; e) axuda complementaria Concilia: co obxecto de promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, en dúas modalidades: Concilia-promotoras e Concilia-persoas traballadoras por conta allea.
IMPORTE: A contía das axudas establécese en función da liña solicitada e do número de postos de traballo xerados para mulleres, por conta propia e por conta allea, de acordo co seguinte:
a) Liña Emprende: incentivos desde 8.000 € ata 20.000 €.
b) Liña Innova: incentivos desde 12.000 € ata 20.000 €.
c) Liña Activa: incentivos desde 6.000 € ata 15.000 €.
d) Liña ITEF: incentivos desde 16.000 € ata 40.000 €.
e) Axuda complementaria Concilia:
Concilia-promotoras: incentivo de 3.000 €.
Concilia-persoas traballadoras por conta allea: incentivos desde 1.000 € a 5.000 €.
Prazo de presentación de solicitudes: do 06/07/2019 ata o 05/08/2019
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario