martes, 30 de julio de 2019

Subvencións DOS PROGRAMAS DE FOMENTO E MELLORA DA EFICACIA ENERXÉTICA E SUSTENTABILIDADE EN VIVENDAS E DE FOMENTO DA CONSERVACIÓN, DA MELLORA DA SEGURIDADE DE UTILIZACIÓN E DA ACCESIBILIDADE EN VIVENDAS. (código procedemento VI422E)

Sistema: por orde de presentación de solicitudes.
Prazo: do 31 de xullo ao 30 de agosto de 2019
Restricións: son requisitos indispensables para optar a estas axudas os seguintes:
-      Que a vivenda unifamiliar, edificio colectivo e vivenda do edificio estivesen finalizados antes do 01/01/1996.
-      Que as vivendas constitúan domicilio habitual e permanente dos seus propietarios ou dos arrendatarios. No caso de actuacións en edificios deberán cumprir que o 70% da súa superficie sexa destinada a vivenda e ademáis que o 50% sexa vivenda habitual e permanente do propietario ou arrendatario, así como acordo da Cominiddade de propietarios.
Beneficiarios:
Persoas físicas e xurídicas propietarias de vivendas unifamiliares , edificios residenciais e vivendas nestes edificios. Comunidades de persoas propietarias e agrupacións de comunidades de persoas propietarias. Agrupacións de persdoas propietarias, Sociedades cooperativas de agrupacións de persoas propietarias. Empresas constructoras, arrendatarias ou concesionarias de edificios, así como cooperativas. Persoas físicas arrendatarias. Empresas de servizos enerxéticos no caso de obras de mellora de eficiencia enerxética e sustentabilidadde.
Axudas:
-      Liña A: axuda ao fomento de mellora da eficiencia enerxética e da sustentabilidade en vivendas (actuación na fachada, cuberta, substitución de carpintaría ou acristalamento, cerramento ou acristalamento de terrazas, instalación de dispositivos bioclimáticos ou de sombreamento, sistemas de calefacción, refrixeración, producción de auga quente, ventilación, equipos de calor ou frío, etc..; instalación de equipos de xeración ou utilización de enerxías renovables, protección contra o ruído, mellora de salubridade…). Ademáis nos edificios se contempla tamén a mellora da eficiencia enerxética, o aforro de auga e a mellora do saneamento e da separación de residuos, acondicionamento de espazos privativos da parcela e mobilidade sustentable (adaptar a xardinería, optimizar a rega, instalar puntos de recarga de vehículos eléctricos ou adecuación de zonas de aparcadoiros de bicicletas), instalación de fachadas ou cubertas vexetais; instalación de sistemas de domótica e/ou sensórica.
Na Liña A para vivendas unifamiliares o máximo de axuda vai de 12.000 a 24.000 euros dependendo das particularidades dos solicitantes(contempladas na orde). Para edificios en función do número de vivendas e locais de que dispoña, e para vivendas de edificios o máximo de axuda vai de 12.000 a 16.000 euros dependendo das particularidades dos solicitantes(contempladas na orde). Todo elo sen perxuízo dos incrementos contemplados na orde para os casos sinalados na mesma.

-      Liña B: axuda ao fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas (relativas oa estado de conservación da cimentación, da estrutura e das instalacións, das cubertas, azoteas, fachadas e medianeiras, incluíndo o desamiantado, adecuación interior, instalación de ascensores, salvaescaleiras e ramplas, guindastres e artefactos, sinais luminosos e sonoros, videporteiro e análogos, domótica e mellora de accesibilidade en baños e cociñas….)
Na liña B varían desde 3.000 euros de máximo ata 17.000 euros de máximo en función das actuacións e dependendo das particularidades dos solicitantes (contempladas na orde). Todo elo sen perxuízo dos incrementos contemplados na orde para os casos sinalados na mesma.

Nas dúas liñas, as axudas non poderán superar ó 40% do custo subvencionable da actuación, que se poderá incrementar ata o 75% nos casos contemplados na Orde.



Máis información: contactar coa Axente de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello do Vicedo, ou pinchado no seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=VI422E
Convocatoria publicada no Diario Oficial de Galicia de 30/07/2019. INSTITUTO GALEGO DE VIVENDA E SOLO.

No hay comentarios: