Orde do 19 de xuño de 2019 pola que se establecen
as bases reguladoras do programa do bono das persoas autónomas e se procede a
súa convocatoria para o ano 2019 (TR341Q). Consellería de Economía, Emprego e
Industria. DOGA DO 2 DE XULLO DE 2019.
Persoas Beneficiarias:
- persoas autónomas
de Galicia de alta no RETA ou mutualidade, con antigüedade ininterrumpida no
mesmo superior a 42 meses, que ademáis acaden un rendemento neto reducido anual
inferior a 30.000 euros e facturación mínima anual de 12.000 euros IVE
incluído, todo isto declarado no ano 2018.
- Sociedades de
calquera clase e comunidades de bens que teñan unha persoa autónoma societaria con
antigüedade ininterrumpida na actividade superior a 42 meses, cuxa empresa teña
unha facturación mínima anual de 12.000 euros (IVE incluído) na última
declaración realizada, e cuxa base impoñible no imposto de sociedades da última
declaración realizada sexa inferior a 30.000 euros.
Importe: 80% do custo das actividades
sinaladas na Orde dirixidas á mellora da competitividade a través de servizos
ou investimentos, cun límite máximo de 3.000 euros. Podense solicitar ambas
liñas, atendéndose primeiro a Liña 1 e co límite máximo de 3.000 euros para o
conxunto das actividades.
Liña 1: Mellora da competitividade a través
de servizos: investigación de mercado; plan de marketing; plan de comunicación
do negocio; plan estratéxico do negocio; plan de crecemento: constitución da sociedade;
plan de reorientación do negocio; plan de uso das novas tecnoloxías no negocio;
plan de refinanciamento.
Liña 2: Mellora da competitividade a través
de investimentos: compra de maquinaria; compra de útiles e ferramentas; reforma
do local de negocio; equipos informáticos; rótulos; aplicacións informáticas e
páxinas web; creación do logotipo do negocio; mobiliario. (No caso de reforma
do local do negocio exclúese da axuda o domicilio habitual da persoa
traballadora autónoma, a menos que quede acreditado que é imprescindible para o
desenvolvemento da actividade).
Solicitude: na sede electrónica da Xunta de
Galicia https://sede.xunta.gal
Prazo presentación solicitudes: ata o 2 de agosto
de 2019.
Destacar:
- Obriga de
permanecer de alta no RETA ou mutualidade durante un mínimo de dous anos desde
a solicitude da subvención.
- A concesión da
subvención vai por orde de entrada ata o esgotamento do crédito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario