jueves, 28 de mayo de 2020

CURSO DE TELEFORMACIÓN PARA A OBTENCIÓN DA CERTIFICACIÓN GALEGA DE COMPETENCIAS DIXITAIS OFIMATICAS

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2020 pola que se efesctúa una convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación. DOGA 28/05/2020

Obxecto: Obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras a adquisición mediante curso de teleformación das capacidades que as constitúen e a posterior superación dunha proba presencial. 

Destinatarios: persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes da finalización do prazo de inscrición.

Descrición: o curso de teleformación é de 190 horas, dura 12 semanas (do 1 de setembro ao 22 de novembro de 2020). A proba presencial realizarase en varias aula Cemit de cada unha das provincias galegas e tamén en Santiago de Compostela. 

Solicitudes: 1. inscribirse a través da intenet na páxina web de CeMIT http://cemit.xunta.gal. 
2. Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da rede CeMIT.

Prazo para a inscrición: ata o 4 de xuño de 2020.

Destacar: As persoas admitidas provisionalmente recibirán un correo electrónico confirmatorio coas instrucións necesarias para proceder a súa matriculación e deberán aboar no prazo de cinco días hábiles desde a data de publicación das listaxes provisionais a taxa correspondente aos dereitos de exame, sendo excluídos aqueles aspirantes que non aboen a citada taxa.
Taxa exame:  10,63 euros. Estarán exentas do pagamento da dita taxa as persoas incluídas dentro dos supostos de exencións recollidos no artigo 23.10 da Lei 6/2003 de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia. 
O xustificante de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, así como calquera documentación complementaria no caso de exención, deberá presentarse electrónicamente no enderezo formacion-cemit@xunta.gal.

Máis información pinchando no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200528/AnuncioG0177-190520-0001_gl.pdf

No hay comentarios: