jueves, 28 de mayo de 2020

AXUDAS PARA A RENOVACIÓN DE ELECTRODOMÉSTICOS E IMPLANTACIÓN DE DOMÓTICA

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2020, da Axencia Instituto Enerxético de Galicia, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos e a implantación de domótica enerxética, en réxime de concorrencia non competitiva, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a nualidade 2020 (códigos de procedemento IN414B e IN414C).

Obxecto: axudas para renovación de electrodomésticos (frigorífico, frigorífico-conxelador, conxelador, lavadora e lavlouza, todos con clasificación enerxética A+++, e placas de indución total; axudas para instalacións domóticas: monitorización térmica da vivenda e monitorización eleéctrica da vivenda) a través de entidades colaboradoras.

Beneficiarios: persoas físicas con vivendas en Galicia

Solicitude: será presentada pola entidade colaboradora. 

Subvencionable: equipamento técnico e accesorios; accesorios da instalación; sistema de almacenamento de combustible; sistemas de alimentación de combustible; montaxe e conexión; IVE cando non sexa recuperable. Todo elo sempre que as actuacións non foran comezadas antes da presentación da solicitude, e sempre que non sexan de segunda man.

Importe: en electrodomésticos de 100 a 450 euros de axuda dependendo do electrodoméstico e do tipo de consumidor (xeral, vulnerable ou vulnerable severo) sen superar en ningún caso do 25% a 75% do valor dependendo do tipo de consumidor. En domótica a axuda máxima é de 500 euros e nunca máis do 50% ao 80% en función do tipo de consumidor.

Prazo presentación de solicitudes:
Para que as entidades interesadas se adhiran: ata o 30 de xullo de 2020.
Para presentar as solicitudes dos seus clientes: do 1  e 2 de xullo ata o 30 de setembro ou ata esgotar fondos.

Pode consultar a normativa pinchando no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200525/AnuncioG0474-280420-0002_gl.pdf


No hay comentarios: