Prazo de solicitude: aberto ata o 29 de maio de 2020
Beneficiarios: Comerciantes retallistas e obradoiros artesáns (persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas que, en todo caso, cumpran os requisitos establecidos na orde de convocatoria).
Actuacións subvencionables:
1.- Dixitalización comercial (Para comerciantes retallistas e titulares de obradoiros artesáns):
- A implantación e actualización de páxinas web comerciais
- Introdución de ferramentas de márketing 4.0
- Pulo á mellora da imaxe dixital
- Servizos profesionais de xestión de redes sociais (community manager).
- Implantación de ferramentas de xestión
A porcentaxe de subvención será o 80 %, agás no suposto das letras b), c) e d), que será do 70 %, dos investimentos máximos subvencionables,
2. Proxectos de modernización integral do local comercial incluídos nun proxecto de decoración e interiorismo (Só para comerciantes retallistas):
- As obras de reforma e acondicionamento integral da superficie de exposición e venda do local comercial.
- Adquisición de moblaxe destinado á mellora da imaxe comercial e adquisición de equipamento especializado para a exposición do produto que sexa necesario para o desenvolvemento da actividade comercial e de uso exclusivo na superficie de exposición e venda.
- Actuacións de mellora da fachada exterior do local comercial e instalación de toldos, carteis, letreiros ou similares.
- Actuacións conxuntas dun mínimo de tres establecementos comerciais contiguos para dotar de homoxeneidade estética a imaxe exterior dos comercios dunha mesma rúa comercial.
- Os custos polos servizos profesionais de elaboración e redacción do proxecto de interiorismo e decoración.
A porcentaxe de subvención será o 50 % do investimento máximo subvencionable agás no suposto das letras d) e e), que será do 70 %.
3. Proxectos de expansión comercial
4. Posta en marcha de proxectos de tendas efémeras ou eventos pop up
5. Proxectos de posta en marcha de concept stores
6. A adquisición de equipamentos propios da actividade comercial e artesanal.
En algúns casos tamén se fixan investimentos mínimos
Máis información:https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200221/AnuncioG0424-030220-0004_es.html ou pasando pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local municipal
No hay comentarios:
Publicar un comentario