DOGA
06/11/2020: INSTITUTO GALEGO VIVENDA E SOLO: PROGRAMA DE AXUDAS PARA ACTUACIÓNS
DE REHABILITACIÓN ENERXÉTICA EN EDIFICIOS EXISTENTES, CON CARÁCTER PLURIANUAL. (código
procedemento VI406C)
Sistema: por orde de presentación de solicitudes ata esgotamento do crédito, tendo en conta que se considerarán válidamente presentadas cando vaian acompañadas da totalidade dos documentos esixidos nas bases.
Prazo:
do
02/01/2021
ao 31/07/2021
Restricións: son
requisitos indispensables para optar a estas axudas os seguintes:
- Que o
ano de construcción sexa anterior ao 2007.
- Que se
acade unha redución do consumo de enerxía final mínimo do 10% respecto á
situación de partida.
- Que se
acade unha mellora da cualificación enerxética mínimo dunha letra respecto á situación de partida (excepto para
inmobles calificados coa letra A)
Beneficiarios:
Persoas físicas
propietarias de vivendas unifamiliares, edificios residenciais e vivendas
nestes edificios. Comunidades de persoas propietarias e agrupacións de
comunidades de persoas propietarias de edificios residenciais. Agrupacións de
persoas propietarias.
Axudas:
- Mellora
da eficiencia enerxética da envolvente térmica
- Mellora
da eficiencia enerxética das instalacións térmicas
- Mellora
da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación
Podendo realizarse
unha tipoloxía de actuación ou unha combinación de varias.
A axuda varía para cada actuación e segundo os resultados de aforro enerxético acadados. Para o cálculo da axuda correspondente a cada tipoloxía de actuación pode consultarse o seguinte enlace: http://pree-calculo.idae.es/
Destacar:
-
Son subvencionables os custos de xestión da
solicitude (máx. 4% axuda ou 3.000 euros) e de xestión da xustificación da
axuda (máx. 7% axuda ou 7.000 euros)
-
As actuacións non poderán estar iniciadas
con anterioridade á data de rexistro da solicitude de axuda, EXCEPTO para as actuacións
preparatorias para solicitar a solicitude (proxecto, memoria técnica,
certificados…) que non poderán ser anteriores ao 07/08/2020.
-
Aportar na xustificación final fotografías
das obras realizadas.
Máis información: IGVS - Portadaigvs.xunta.gal ou dirixirse á Axente de emprego do concello.
No hay comentarios:
Publicar un comentario