lunes, 30 de noviembre de 2020

AXUDAS DA CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE ÁS MICROEMPRESAS E Á HOSTALERÍA

PROGRAMA I DE APOIO A MICROEMPRESAS, de mantemento do emprego e a
actividade económica das microempresas de Galicia máis afectadas pola
COVID-19


Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde:

1. As persoas ou entidades beneficiarias serán as persoas traballadoras
autónomas con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, as
microempresas, calquera que sexa a súa forma xurídica e, excepcionalmente,
as pemes, sempre desenvolvan a súa actividade económica nos sectores
especialmente paralizados. As persoas ou entidades beneficiarias deberán
cumprir todos e cada un destes requisitos:

– Que teñan domicilio fiscal en Galicia.

– Que teñan ou tivesen autorizado un expediente de regulación temporal de
emprego (ERTE) pola COVID-19 desde a declaración do estado de alarma.

– Que a facturación baixase polo menos o 45 % no ano 2020, realizándose
unha comparación entre o facturado en todo o ano 2019 e os tres primeiros
trimestres do ano 2020.

2. Entenderase como actividade especialmente paralizada:

a) En todo caso o lecer nocturno. Son negocios de lecer nocturno aqueles con  establecementos de discotecas, pubs, cafés-espectáculo e salas de festas, salas de concertos, cafés con categoría especial, karaokes..


b) Aquelas actividades económicas que se desenvolvan no ámbito das
atraccións de feiras e que se trate de actividades en que non existe
establecemento aberto ao público e que pertenzan aos seguintes CNAE: 4724,
4729, 4781, 4782, 4789, 5610, 5629, 5630 e 9200.

c) Os negocios encadrados nos seguintes CNAE:

CNAE 4932: Transporte por taxi.

CNAE 5010: Transporte marítimo de pasaxeiros.

CNAE 5030: Transporte de pasaxeiros por vías navegables interiores.

CNAE 5621: Provisión de comidas preparadas para eventos.

CNAE 5914: Actividades de exhibición cinematográfica.

CNAE 7911: Actividades das axencias de viaxes.

CNAE 7912: Actividades dos operadores turísticos.

CNAE 7990: Outros servizos de reservas e actividades relacionadas con eles.

CNAE 8230: Organización de convencións e feiras de mostras.

CNAE 9001: Artes escénicas.

CNAE 9002: Actividades auxiliares ás artes escénicas.

CNAE 9004: Xestión de salas de espectáculos.

CNAE 9321: Actividades dos parques de atraccións e os parques temáticos.

CNAE 9329: Outras actividades recreativas e de entretemento.

Cuantía das axudas:

-4.000 euros en dúas anualidades: 2.000 euros no 2020 e 2.000 no 2021.

-5.000 euros para os que pertenzan a sectores especialmente paralizados, en dúas anualidades: 2.500 euros en 2020 e 2.500 euros en 2021.


Prazo de presentación de solicitudes: do 28/11/2020 ata o 27/12/2020, pero os expedientes vanse resolvendo por orde de entrada.

Principais obligacións: manter a actividade económica e o empleo durante 6 meses desde a fecha de publicación desta orde, 27/11/2020.



Programa II de apoio ao sector da hostalaría

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas ou entidades beneficiarias as persoas traballadoras
autónomas persoa física, ou con persoal contratado por conta allea ao seu
cargo, as microempresas, pemes do sector de hostalaría, tamén se consideran
dentro do sector da hostalaría os hoteis, hostais, casas rurais e outros
tipos de aloxamentos que cumpran estes requisitos:

– Ter domicilio fiscal en Galicia.

– Estar afectado polos supostos de peche do establecemento ou de peche
perimetral do concello en que se sitúen os hoteis, hostais, casas rurais e
outros tipos de aloxamentos, ditados pola autoridade sanitaria da Xunta de
Galicia nas ordes que se relacionan:

– Orde da Consellería de Sanidade do 7 de outubro de 2020
– Orde da Consellería de Sanidade do 4 de novembro de 2020
– Orde da Consellería de Sanidade do 8 de novembro de 2020
– Orde da Consellería de Sanidade do 13 de novembro de 2020


Ou en calquera outra orde ou disposición ditada pola autoridade sanitaria
da Comunidade Autónoma de Galicia nesta materia ata o remate do prazo de
solicitudes.

– Ter pechada a actividade durante un mínimo de dúas semanas. Entenderase
que está afectada polo peche aquela actividade económica que non permita o
consumo dos clientes dentro do establecemento ou nas súas terrazas.


Cuantía das axudas:

-1.500 euros por establecemento e mes de paralización desde outubro (cun mínimo de duas semanas). Os que teñen paralizado a actividades só dúas semanas reciben a parte proporcional 750 euros.

- 2.000 euros por establecemento e mes paralizado desde outubro si ten 10 ou máis traballadores. Os que teñen paralizado a actividades só dúas semanas reciben a parte proporcional 1.000 euros.


Prazo de presentación de solicitudes
: do 28/11/2020 ata o 27/12/2020, pero os expedientes vanse resolvendo por orde de entrada.

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201127/AnuncioG0599-261120-0001_es.pdf , ou contactando coa Axente de emprego e desenvolvemento local municipal.

No hay comentarios: