Orde do 17 de novembro de 2020 pola que se
establecen as bases reguladoras do Programa de rescate a persoas traballadoras
autónomas afectadas pola crise da COvid-19 financiado con cargo ao programa
operativo FSEGalicia 2014-2020 e se procede a súa convocatoria para o ano 2020
(TR400A). DOGA 18/11/2020
Obxecto: Programa
de rescate das persoas traballadoras autónomas ou traballadores do mar por
conta propia que teñan recoñecido o cesamento ordinario ou extraordinario da
actividade.
Perosas beneficiarias:
-
Persoas traballadoras de alta
no RETA ou no réxime de traballadores do mar por conta propia, con domicilio
fiscal en Galicia e que teñana recoñecido o cesamento ordinario ou
extraordinario da actividade.
Axudas:
-
1.200 euros con carácter
xeral.
-
2.000 euros para aquelas
persoas que ademáis de cumprir o requisito anterior a súa actividade estivera
especialmente paralizada (deberán encadrarse nos CNAEs específicos e serán: lecer
nocturno, salas de concertos, atraccións de feiras de determinados CNAE, transporte
por taxi, transporte marítimo ou por vías navegables interiores de pasaxeiros, exhibición cinematográfica, axencias de
viaxes, operadores turísticos, servizos de reservas e actividades relacionadas
co turismo, organización de convencións e feiras de mostras, artes escénicas,
actividades auxiliares ás artes escénicas, xestión de slas de espectáculos,
parques de atraccións eparques temáticos, outras actividades recreativas e de
entretemento).
-
Prazo de solicitude: 1 mes ou ata
esgotamento de crédito, O prazo comeza
o 19 de novembro de 2020. A resolución vai por orde de entrada de solicitudes
completas e ata esgotamento de crédito (é dicir, que se unha solictude non está
completa a súa orde de entrada pasaría á data de subsanación do requirimento
recibido para subsanala).
Destacar:
-
Os importes da axuda non son
acumulables entre sí.
-
As persoas solicitantes
deberán manter a alta como traballadoras durante un mínimo de dous meses a contar
desde o 18 de novembro de 2020.
Máis información:
en https://sede.xunta.gal ou dirixirse á Axente
de emprego do concello.
No hay comentarios:
Publicar un comentario