Beneficiarios potenciais
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas os/as
autónomos/as e as pequenas empresas, que realicen unha actividade
económica e teñan menos de 42 meses de antigüidade de alta na
actividade na data da solicitude da axuda, segundo se establece no
artigo 1.
Enténdense incluídas as sociedades mercantís,
cooperativas, asociacións e outras entidades con personalidade
xurídica propia e as sociedades civís, comunidades de bens e outras
entidades sen personalidade xurídica propia sempre que conten con
NIF e a súa constitución estea documentada e presentada a
autoliquidación do imposto de actos xurídicos documentados.
No
caso de entidades, con ou sen personalidade xurídica, a maioría do
capital social ou das participacións ten que ser propiedade de
persoas emprendedoras, é dicir, que non tiveran actividade económica
previa ou esta sexa inferior a 42 meses na data da solicitude, agás
os supostos de reemprendemento.
2. No caso de que a
entidade que vai desenvolver o proxecto emprendedor non estea aínda
constituída, a solicitude de axuda poderá presentarse a nome dunha
persoa física. Se a axuda se concedera, o/a beneficiario/a deberá
solicitar o cambio de titularidade do expediente a favor da entidade
creada xuntando os documentos da súa constitución, que deberá
axustarse aos requirimentos destas bases, e no documento de
constitución deberá constar expresamente a asunción dos dereitos e
obrigas derivados da concesión da axuda por parte da nova entidade.
3. Nos supostos de sucesión de empresa, considerarase
actividade emprendedora a realización da actividade empresarial pola
persoa ou entidade sucesora inter vivos ou mortis causa sempre que
cumpra os requisitos establecidos nestas bases para ser considerada
persoa emprendedora. Nestes casos, os 42 meses de antigüidade
contaranse dende a asunción efectiva da actividade empresarial pola
persoa ou entidade sucesora, o que deberá acreditar documentalmente
o/a solicitante.
4. Non poderán ser beneficiarios os
establecidos no artigo 4.4 das bases reguladoras.
Os
interesados poderán presentar máis de unha solicitude de axuda
sempre que sexa para proxectos diferentes. Non obstante, no caso de
que todas elas foran concedidas, o importe total de axuda para cada
interesado non poderá superar o máximo de axuda de 400.000 euros.
Requisitos principais do proxecto
1. Serán subvencionables os proxectos emprendedores
de creación ou ampliación de pequenas empresas galegas ou cun
centro de traballo en Galicia que na data de presentación da
solicitude de axuda non teñan máis de 42 meses de antigüidade
dende a data de inicio da súa actividade (primeira alta en IAE).
Serán subvencionables tamén os proxectos de reemprendemento,
entendendo como tal exclusivamente os autónomos que estiveran de
baixa continuada de toda actividade económica por conta propia
durante un período igual ou superior a 3 anos; nestes casos, os 42
meses contaranse respecto da primeira alta en actividade económica
por conta propia inmediatamente posterior á devandita baixa.
2.
Os proxectos deberán cumprir os seguintes requisitos:
a)
Ser técnica, económica e financeiramente viables.
b) Ser
proxectos completos, é dicir, a realización dos gastos e
investimentos subvencionables debe dar como resultado a posta en
marcha da actividade ou a súa ampliación. Non serán
subvencionables as fases de proxectos que non sexan completas nestes
termos.
c) Deben desenvolverse en Galicia.
d) A axuda
solicitada debe supoñer un efecto incentivador para o proxecto
presentado: considerarase que as axudas teñen un efecto incentivador
se a solicitude de axuda se ten presentado antes do comezo do
proxecto. Ningún dos custos incluídos na solicitude de axuda poderá
estar realizado nin comprometido antes da presentación da solicitude
de axuda no Igape. De ser así, o proxecto considerarase non
subvencionable na súa totalidade. Para estes efectos, a compra dos
terreos e determinados traballos preparatorios, como a obtención de
permisos ou a realización de estudos previos de viabilidade, non se
consideran inicio dos traballos.
Contía das axudas
A subvención a fondo perdido será do 80% dos custos subvencionables ata un máximo de 400.000 euros.
O prazo de presentación finaliza o 22/02/2021
Máis información ou solicitudes: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local ou pinchando no seguinte enlace http://www.igape.es/gl/base-xeral-de-axudas/ficha/IGAP412
No hay comentarios:
Publicar un comentario