Obxecto: Obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras a adquisición mediante curso de teleformación das capacidades que as constitúen e a posterior superación dunha proba presencial.
Destinatarios: persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes da
finalización do prazo de inscrición.
Descrición: o curso de teleformación é de 190 horas, dura 12 semanas (do 1
de marzo ao 28 de maio de 2021). A proba presencial realizarase nunha aula
Cemit de cada unha das provincias galegas e tamén en Santiago de Compostela.,
nas datas e lugares que se publicarán en https://cemit.xunta.gal/ema,
xunto coas condicións de realización e demáis características da proba. Todo
elo en función da evolución da Covid-19.
Solicitudes: 1.
inscribirse a través da intenet na páxina web de CeMIT http://cemit.xunta.gal.
2. Con
carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da rede
CeMIT.
Prazo para a inscrición: ata o 4 de febreiro de 2021.
Destacar: As persoas admitidas provisionalmente recibirán un correo
electrónico confirmatorio coas instrucións necesarias para proceder a súa
matriculación e deberán aboar no prazo de cinco días hábiles desde a data de
publicación das listaxes provisionais a taxa correspondente aos dereitos de
exame, sendo excluídos aqueles aspirantes que non aboen a citada taxa.
Taxa exame: 10,63 euros. Estarán
exentas do pagamento da dita taxa as persoas incluídas dentro dos supostos de
exencións recollidos no artigo 23.10 da Lei 6/2003 de taxas, prezos e exaccións
reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.
O xustificante
de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, así como
calquera documentación complementaria no caso de exención, deberá
presentarse electrónicamente no enderezo formacion-cemit@xunta.gal.
Para máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210128/AnuncioG0177-210121-0001_gl.html ou contactar coa axente de emprego e desenvolvemento rural do concello.
No hay comentarios:
Publicar un comentario