viernes, 15 de enero de 2021

Convocatoria para acreditar a experiencia profesional a través da experiencia laboral (DOGA 14/01/2021)

 

Ábrese a convocatoria para a acreditación de competencias profesionais a través da experiencia laboral nas seguintes áreas:

- Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 325 prazas

- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 225 prazas - Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 150 prazas

 - Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 150 prazas

- Operacións de vixilancia e extinción incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural (SEA595_2): 150 prazas

 - Vixiancia e seguridade privada (SEA029_2): 162 prazas, nas unidades de competencia UC0080_2 e UC0081_2

- Servizos para o control de pragas (SEA028_2): 47 prazas. Nesta cualificación de Servizos para o control de pragas non se admiten novas solicitudes e só poden presentarse as persoas que quedaron na lista de espera da anterior convocatoria.

O prazo de inscrición estará aberto desde o día 15 de xaneiro de 2021 ata o día 11 de febreiro de 2021, ambos incluídos. Para máis información pinche no seguinte enlace https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210114/AnuncioG0599-281220-0002_gl.html ou diríxase á Axente de emprego e desenvolvemento local do concello.

No hay comentarios: