RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2020 pola que se convoca o procedemento de selección das entidades colaboradoras que participarán na xestión das subvencións para proxectos de enerxías renovables para uso térmico e para proxectos de enerxía fotovoltaica, destinadas a particulares, para o ano 2021 (código de procedemento IN421N)
Entidade
colaboradora: Entidade privada con personalidade xurídica, validamente
constituída, así como os empresarios individuais sempre que, en ámbolos dous
casos, teñan o seu domicilio ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma
de Galicia e que acrediten as condicións de eficacia e solvencia técnica e
económica.
Será
necesario que as entidades colaboradoras estean dadas de alta na
Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación:
a) Para a xestión de subvencións para proxectos de enerxías
renovables para uso térmico como empresas de instalacións térmicas en edificios
(procedemento IN609E).
b) Para a xestión de subvencións para proxectos de enerxía
fotovoltaica como empresas con actividade de instalación de baixa tensión
(procedemento IN609A).
Prazo adhesión Entidades Colaboradoras:
do 25 de xaneiro ao 29 de xaneiro de 2021
(incluído).
Modos de
adhesión Entidades Colaboradoras:
Simplificada: Unicamente dirixida ás entidades
colaboradoras adheridas ao convenio de xestión de axudas de proxectos de
enerxías renovables destinados a particulares 2020 e que non sufriran ningunha
modificación. O usuario e contrasinal para acceder na aplicación informática
serán os outorgados na convocatoria 2020.
Adhesión Común-Alta Novas Entidades
Colaboradoras: a primeira vez que a entidade colaboradora acceda á
aplicación informática asignarase un usuario (NIF da entidade) e un contrasinal
e servirán para cubrir as solicitudes de axuda así como para ver o seu estado.
RESOLUCIÓN do 28 de
decembro de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para
proxectos de enerxía solar fotovoltaica dirixidas a particulares para o ano
2021 (código de procedemento IN421O)
BENEFICIARIOS: Persoas físicas, comunidades e mancomunidades de veciños
ou agrupacións de persoas físicas -sen personalidade xurídica- titulares de
calquera dereito sobre un inmoble de carácter residencial, sito na CCAA de
Galicia.
PERIODO DE ACTUACIONS
SUBVENCIONABLES: Dado o carácter incentivador, o
período de execución das inversión comeza unha vez presentada a solicitude da
axuda, e remata o 30 de setembro de 2021.
PRESENTACION SOLICITUDES:TELEMÁTICA, mediante as Entidades Colaboradoras adheridas (procedemento
IN421N).
Prazo: do 3 de marzo ao 1 de xullo de 2021.
INTENSIDADE DA AXUDA E CONTÍA MÁXIMA: A intensidade máxima será do 50% e a contía máxima da axuda por proxecto
será de 25.000 €.
RESOLUCIÓN do 28 de
decembro de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para
proxectos de enerxías renovables, de uso térmico, dirixidas a particulares, para
o ano 2021 (código de procedemento IN421P).
Beneficiarios:
a) Persoas físicas propietarias de calquera dereito sobre
un inmoble residencial.
b) Comunidades o Mancomunidades de veciños, sempre que as actuacións se
realicen en vivendas ou edificios do sector residencial situadas na Comunidade
Autónoma de Galicia.
c) Agrupacións de persoas físicas, privadas sen personalidade.
Período de actuacións subvencionables: Coa finalidade de incentivar o uso
das enerxías renovables, o período de execución das inversións comeza
unha vez que se teña efectuada a solicitude de axuda ante esta entidade pola
entidade colaboradora, e a data máxima para a súa xustificación será o 30 de setembro de 2021.
Prazo de presentación solicitude:
As entidades
colaboradoras adheridas serán as encargadas de tramitar o procedemento
(presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación)
so se admite a tramitación electrónica.
TIPOLOXÍA |
INICIO SOLICITUDE |
Biomasa |
1 de marzo as 9.00h |
Aerotermia |
2 de marzo as 9.00h |
Xeotermia |
5 de marzo as 9.00h |
Solar térmica |
5 de marzo as 9.00h |
Fin solicitude: 1 de xullo de 2021 para todas as
tipoloxías de proxectos.
Intensidade da axuda: A intensidade máxima da axuda será do
50%, agás os proxectos de aerotermia cuxa axuda será do 30%. A contía máxima da
axuda por proxecto será de 60.000 €.
RESOLUCIÓN do 29 de
decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a
convocatoria de subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética
nas empresas dos sectores industria e servizos para o ano 2021, cofinanciadas
polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo
Feder-Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN417Y).
Para máis información
contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello.
No hay comentarios:
Publicar un comentario