OBXECTIVO: Incentivar a demanda comercial
BONOS ACTIVA COMERCIO:
Cada bono terá un valor de 30 euros, pode ser usado en varios
establecementos, e con el poderán obterse descontos:
-
Desconto
de 5 euros para compras superiores a 30 euros e inferiores a 50 euros (IVE
incluido).
-
Desconto
de 10 euros para compras iguais ou superiores a 50 euros (IVE incluido).
Os bonos
estarán dispoñibles para os usuarios a partir do 3 de maio na web https:
//www.bonosactivacomercio.gal, e terán unha
validez de tres meses.
Importe
máximo a canxear por cada empresa 5.000 euros.
COMERCIOS MINORISTAS QUE PODEN
ADHERIRSE A ESTE PROGRAMA DE BONOS: No prazo máximo dun
mes, contado a partir do día 15/04/2021, os establecementos minoristas
interesados poderán solicitado na web http://www.bonosactivacomercio.gal. Requisitos para poder adherirse:
-Desenvolver
a súa actividade comercial en Galicia.
- Ser
empresarios autónomos ou pequenas e medianas empresas.
- Estar de
alta nalgún dos epígrafes do IAE que aparecen nesta orde, publicado no DOG de
14/04/2021.
FUNCIONAMENTO DOS BONOS:
-
Os
comerciantes adheridos recibirán semanalmente na conta bancaria indicada, a
cantidade equivalente a os bonos canxeados no seu establecemento.
-
Para
canxear os bonos e poder aplicar os descontos os comerciantes terán que
descargar no seu móvil a APP corespondente, e no momento da compraventa, o
comerciante terá que introducir nesa APP o importe e concepto da venda,
aparecendo automáticamente o importe a cobrar (aplicado xa o desconto ao
cliente). Pola sua parte, o usuario deberá mostrar o bono en formato código QR
e pagar, en efectivo ou con tarxeta, o importe final da compra.
OBRIGAS DOS COMERCIOS
ADHERIDOS:
-
Cumprir
coas medidas de prevención frente a COVID-19.
-
Anunciar
no exterior do establecemento a adhesión ao programa.
-
Realizar
o desconto directo do bono, sin que o
usuario chegue a desembolsar o importe do desconto.
-
Especificar
na zona de caixa, de forma visible, a política de devolución.
-
Someterse
de ser o caso as actuacións de comprobación e vixilancia necesarias.
-
Conservar
durante un ano os tickets de compra e facturas xustificativas da aplicación dos
bonos.
-
Custodiar
as claves de acceso á plataforma co fin de evitar un uso indebido da mesma.
Máis información: contactar coa Axente de emprego e
desenvolvemento local municipal, ou pinchar no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210414/AnuncioG0596-090421-0001_es.pdf
No hay comentarios:
Publicar un comentario