RESOLUCIÓN do 29 de
marzo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en
réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para actuacións de
corrección de impactos paisaxísticos, e se establece a súa convocatoria para o
ano 2021 (código de procedemento MT402A).
Persoas
beneficiarias:
Poderán optar ao recoñecemento da axuda:
a) As persoas físicas titulares dun ben inmoble,
recurso ou elemento, así como aqueles que posúan calquera título válido en dereito
que autorice a realización da actuación solicitada.
b) As comunidades de persoas propietarias e as
agrupacións de comunidades de persoas propietarias, constituídas de
conformidade co disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de
propiedade horizontal. Os requisitos exixidos deberán ser cumpridos por todos
os seus membros.
A totalidade dos requisitos establecidos na
resolución deberán cumprirse antes do remate do prazo de presentación de
solicitudes.
Obxecto: Subvencións, en réxime de concorrencia non
competitiva, para a execución de actuacións de corrección de impactos
paisaxísticos, de conformidade cos valores paisaxísticos recollidos no Catálogo
das paisaxes de Galicia; concretamente, as relacionadas no artigo segundo da
resolución, entre os cales destacamos: tratamento de paredes medianeras vistas,
revestimento e pintado de fachadas actualmente en ladrillo cerámico, hormigón
ou sin revestir, renovación do acabado exterior das fachadas, remate exterior
das cubertas realizadas con placas de fibrocemento, acondicionamento e mellora
de peches de fincas de grandes dimensións, etc..
Contía: a contía máxima será do 70 % do orzamento do
investimento subvencionable, co límite máximo de 3.000,00 €.
Prazo de
presentación de solicitudes: do 14 de
abril ata o 31 de maio de 2021, ou ata o esgotamento do crédito, téndose en conta a orde cronolóxida de entrada das solicitudes. Considérase data de presentación
aquela en que a solicitude quedase validamente presentada, por cubrirse na
forma correcta e vir acompañada da totalidade dos documentos esixidos nesta
resolución.
Máis información: contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local municipal ou pinchar no seguinte enlace https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210413/AnuncioG0192-290321-0001_gl.pdf
No hay comentarios:
Publicar un comentario