martes, 6 de abril de 2021

Axudas para contribuir a minimizar o impacto económico e social da Covid-19 nos alugueiros de vivenda habitual. VI432E. DOGA 06/04/2021.

 Obxecto: subvencións para contribuír a minimizar o impacto económico e social da COVID-19 nos alugueiros de vivenda habitual, código de procedemento VI432E

Dirixido a persoas arrendatarias de vivenda habitual situada no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia que, como consecuencia do impacto económico e social da COVID-19, teñan problemas transitorios para atender ao pagamento parcial ou total do alugueiro. Especificamente, o programa inclúe no seu obxecto a concesión de axudas para facer fronte á devolución das axudas transitorias de financiamento recollidas no artigo 9 del Real decreto lei 11/2020, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte á COVID-19 e contraídas polas persoas arrendatarias de vivenda habitual, a cuxa devolución no puideran facer fronte.

Prazo: do 07/04/2021  ao 30/09/2021

Requisitos:

Persoas físicas maiores de idade que cumpran:

a) Ter a nacionalidade española ou residir legalmente en España, no caso das persoas estranxeiras.

b) Ser titulares, en condición de persoa inquilina, dun contrato de alugamento de vivenda situado no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia cunha duración mínima dun ano, formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos, con mención expresa da súa referencia catastral e do medio e forma de pagamento á persoa arrendadora.

c) Que a vivenda arrendada constitúa a súa residencia habitual e permanente, así como da súa unidade de familiar. Para estes efectos, tanto a persoa beneficiaria como as demais persoas integrantes da súa unidade familiar deben constar empadroadas na vivenda obxecto do contrato de alugamento á data da presentación da solicitude.

d) Estar ao día do pagamento da renda do alugueiro correspondente ás tres últimas mensualidades inmediatamente anteriores ao primeiro mes para o que se solicita a axuda, agás que o contrato tivese unha vixencia inferior, en cuxo caso deberá estar ao día do pagamento da renda desde o inicio do contrato. Para estes efectos, non se admitirán os pagamentos das rendas que se efectúen en metálico, debendo acreditarse mediante documento bancario.

e) Estar en situación de vulnerabilidade económica, conforme o establecido no ordinal terceiro.

f) Estar ao corrente das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non ter pendente ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

g) Non estar incurso nalgunha das circunstancias previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, e no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

2. Non poderá concederse a axuda cando a persoa solicitante ou algunha das persoas integrantes da súa unidade familiar se atope nalgunha das situacións que a continuación se indican:

a) Ser propietario ou usufrutuario dalgunha vivenda en España. Para estes efectos, non se considerará que se posúe a propiedade ou o usufruto dunha vivenda se o dereito recae unicamente sobre unha parte alícuota desta e foi obtido por herdanza ou transmisión mortis causa sen testamento. Exceptuaranse deste requisito tamén ás persoas que, sendo titulares dunha vivenda, acrediten a non dispoñibilidade dela por causa de separación, divorcio ou por calquera outra causa allea á súa vontade ou cando a vivenda resulte inhabitable ou inaccesible por razón de discapacidade da persoa solicitante ou dalgún membro da súa unidade familiar.

b) Ter parentesco en primeiro ou segundo grao de consanguinidade ou de afinidade coa persoa que teña a condición de arrendador da vivenda ou ser socias ou partícipes da persoa física ou xurídica que actúe como arrendadora.

c) Ter sido obxecto dunha resolución de revogación ou reintegro dunha axuda deste plan de vivenda ou doutro anterior, por causa que lles sexa imputable.

Destacar:

É obrigatorio achegar a seguinte documentación: (no caso contrario a solicitude quedará automaticamente inadmitida)

  • Contrato de alugamento da vivenda, cunha duración mínima dun ano, con mención expresa da súa referencia catastral e do medio e forma de pagamento á persoa arrendadora.
  • Extractos ou certificados bancarios, acreditativos do pagamento das últimas tres mensualidades da renda do contrato anteriores ao primeiro mes para o que se solicita a axuda, salvo que o contrato levara vixente un prazo menor, en cuxo caso acreditarase o pagamento dende o inicio do contrato.
  • Documentación acreditativa do número de conta bancaria da persoa arrendadora, no caso de non constar nos dous documentos anteriores o número de conta da persoa arrendadora na que se deba aboar a renda do contrato.
  • De ser o caso, solicitude da axuda transitoria de financiamento de acordo ao establecido no artigo 9 do Real decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, ou certificado bancario do préstamo formalizado conforme ao artigo 9 do Real decreto Lei 11/2020, do 31 de marzo, no que conste o número de conta do acredor onde no que se ten que realizar o pagamento da axuda para a cancelación total ou parcial do préstamo.
  • Anexo II, de declaración responsable das persoas integrantes da unidade de familiar.
  • Documentación acreditativa dos ingresos da persoa solicitante e da súa unidade familiar correspondentes ao mes anterior ao da presentación da solicitude.
  • Documentación acreditativa dos gastos e subministracións básicos da vivenda habitual que corresponda satisfacer á persoa arrendataria, relativos ao mes anterior ao da presentación da solicitude.

PARA MÁIS INFORMACIÓN CONTACTAR COA AXENTE DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL DO CONCELLO ou ACCEDER A: http://igvs.xunta.gal/ 

No hay comentarios: