martes, 6 de abril de 2021

Axudas ao aluguer de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021. DOGA 30/03/2021.

Obxecto: axudas ao alugueiro de vivendas do Plan estatal de vivenda 2018-2021; procedemento VI432A: 

a) Liña A, axudas ao alugueiro de vivenda: para alugueiro a sectores de poboación con escasos medios económicos.

b) Liña B, axudas aos/as mozas para o alugueiro de vivenda habitual e permanente: para alugueiro, a persoas menores de 35 anos con escasos medios económicos. 
 
 Prazo: ata o 30/04/2021 
Duración das axudas: 
As axudas de ambas as liñas concederanse por un prazo máximo dun ano e, en todo caso, ata o 31 de decembro de 2021. 
 – Naqueles casos nos que se dispoña dun contrato con efectos económicos anteriores ao 1 de xaneiro de 2021, a axuda terá efectos desde o 1 de xaneiro de 2021.
 – Para os contratos asinados entre o 1 de xaneiro de 2021 e a data de presentación da solicitude, a axuda terá efectos desde a data en que comece o contrato. 
Beneficiarios
- Liña A, as persoas físicas maiores de idade.
 - Liña B, as persoas físicas maiores de idade que non cumprisen os 35 anos na data de presentación da solicitude. 
Requisitos: 
 1. Poderán ser beneficiarias das axudas da liña A, axudas ao alugueiro de vivenda, as persoas físicas maiores de idade que na data da presentación da solicitude cumpran os seguintes requisitos:
 a) Ter a nacionalidade española ou residir legalmente en España, no caso das persoas estranxeiras.
b) Ser titulares, en condición de persoa inquilina, dun contrato de alugueiro de vivenda cunha duración mínima dun ano, con mención expresa da súa referencia catastral, formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos, e cuxos efectos económicos sexan anteriores ao último día de prazo de presentación de solicitudes.
c) Que a vivenda arrendada constitúa a súa residencia habitual e permanente, así como da súa unidade de convivencia durante todo o período polo que se conceda a axuda. Para estes efectos, tanto a persoa beneficiaria como as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia deben constar empadroados na vivenda obxecto do contrato de alugueiro á data da presentación da solicitude.
 d) Que a renda mensual da vivenda alugada non supere os importes establecidos no artigo 10 das bases reguladoras. e) Que os ingresos das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a dúas veces o Indicador público de renda de efectos múltiples (en diante, IPREM). Este límite será de catro veces o IPREM, se a unidade de convivencia é unha familia numerosa de categoría xeral ou ten persoas cunha discapacidade distinta das sinaladas a continuación. O límite será de cinco veces o IPREM cando a unidade de convivencia sexa unha familia numerosa de categoría especial ou teña persoas con algún dos seguintes tipos de discapacidade: i) Parálise cerebral, enfermidade mental, discapacidade intelectual ou discapacidade do desenvolvemento, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %. ii) Discapacidade física ou sensorial, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 %.
f) Que os ingresos mínimos da unidade de convivencia non sexan inferiores a 0,7 veces o IPREM. Para o cómputo destes ingresos non serán de aplicación os coeficientes multiplicadores previstos no artigo 12.4 das bases reguladoras. 
 
 2. Poderán ser beneficiarias das axudas da liña B, axudas aos/as mozas para o alugueiro de vivenda habitual e permanente, as persoas físicas maiores de idade que non cumprisen os 35 anos na data de presentación da solicitude e cumpran o resto de requisitos sinalados no punto 1 deste apartado. 
 
3. Non poderá concederse a axuda cando a persoa solicitante ou algunha das persoas integrantes da súa unidade de convivencia, entre outras condicións, cando:
 a) Ser propietario ou usufructuario dalgunha vivenda en España. Para estes efectos, non se considerará que se posúe a propiedade ou o usufruto dunha vivenda se o dereito recae unicamente sobre unha parte alícuota desta e foi obtido por herdanza ou transmisión mortis causa sen testamento. Exceptuaranse deste requisito as persoas que, sendo titulares dunha vivenda, acrediten a non dispoñibilidade dela por causa de separación, divorcio ou por calquera outra causa allea á súa vontade ou cando a vivenda resulte inaccesible por razón de discapacidade da persoa solicitante ou dalgún membro da súa unidade de convivencia.
b) Ter parentesco en primeiro ou segundo grao de consanguinidade ou de afinidade coa persoa arrendadora da vivenda.
c) Ser socia ou partícipe da persoa física ou xurídica que actúe como arrendadora.
 d) Ser inquilina dunha vivenda xestionada polo IGVS ou por calquera Administración pública.
 e) Ser beneficiaria das axudas de calquera das dúas liñas deste programa ao amparo de convocatorias anteriores realizadas con financiamento do Plan 2018-2021. Exceptúase deste suposto ás persoas que xa non forman parte da unidade de convivencia da persoa beneficiaria da axuda.
f) Non atoparse ao corrente das súas obrigacións tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non ter pendente ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
g) Estar incursa nalgunha das circunstancias previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeneral de subvencións, e/ou no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como ser obxecto dunha resolución de revogación ou reintegro dunha axuda deste plan de vivenda ou doutro anterior, por causa imputable a algunha das persoas integrantes da unidade de convivencia. 
 
Destacar: obrigatorio achegar xunto á solicitude os seguintes documentos (en caso contrario a solicitude quedará automaticamente inadmitida): - Contrato de alugueiro de vivenda, cunha duración mínima dun ano, con mención expresa da referencia catastral - Xustificante de empadroamento conxunto de todas as persoas integrantes da unidade de convivencia (expedido nos 3 meses anteriores) - Anexo II, no caso de que a unidade de convivencia estea integrada por máis dunha persoa 
 
PARA MÁIS INFORMACIÓN CONTACTAR COA AXENTE DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL DO CONCELLO ou ACCEDER A: http://igvs.xunta.gal/

No hay comentarios: