lunes, 26 de julio de 2021

AXUDAS A EMPRESAS PARA A CONTRATACIÓN DE TRABALLADORES/-AS

 AXUDAS A CONTRATACIÓN POR CONTA ALLEA E Á FORMACIÓN DA CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde

Inclúe catro tipos de axudas compatibles:

1. Incentivos á contratación indefinida inicial, por medio da cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial de persoas mozas, mulleres, persoas desempregadas de longa duración e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.

2. Incentivos á contratación temporal, por medio da cal se proporcionará unha subvención para a contratación temporal de persoas mozas, mulleres, persoas desempregadas de longa duración e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.

3. Incentivos á transformación de contratos temporais en indefinidos só no caso das persoas mozas, mulleres e as persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.

4. Incentivos á formación (opcional), dirixido ás persoas contratadas mediante contratación indefinida inicial e temporal por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

Prazo de solicitude: O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas neste programa comezará o día 27/07/2021 e rematará o 30 de setembro de 2021. As solicitudes de axudas polas contratacións por conta allea subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2020 e a data da publicación desta orde deberán presentarse no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte ao da publicación desta orde.

Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento municipal, ou pinchando no seguinte enlace https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210726/AnuncioG0599-150721-0001_gl.pdf

No hay comentarios: