A finalidade deste programa, dirixido as empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades laborais, é xerar emprego estable para persoas desempregadas, principalmente entre as mulleres, as persoas con discapacidade e en risco de exclusión social, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia, con especial atención aos concellos do rural galego.
Tipos de axuda .
O programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación inclúe os seguintes tipos de axudas:
a) Subvención á xeración de emprego estable.
b) Subvención para formación.
c) Subvención para o inicio da actividade.
d) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.
Prazo de solicitude: 21/07/2021 ata o 20/08/2021 ou o esgotamento do crédito. As solicitudes vanse resolvendo por orde de entrada e expediente completo
Para máis información pinchar no seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR807I
No hay comentarios:
Publicar un comentario